Cartel Ver Descargar
Foto do encontro do profesor Carlos Ruiz Miguel no salón de actos do instituto.
O dia 15 de xaneiro ás 12:00 horas celebrouse unha conferencia do profesor Carlos Ruiz Miguel Catedrático de Dereito Constitucional da USC de Santiago de Compostela titulada "Dereitos Humanos e Autodeterminación: Sáhara, Kósovo..." convidado polo Departamento de Filosofia e dirixida a alumnado de 2º de Bachararelato que cursa a optativa de Ética e Filosofia do Dereito. Asemade tamén participou alumnado das materias optativas "Xeografia e Historia de Galicia" e "Lingua e Literatura Galega".
Nesta conferencia o profesor Carlos Ruiz Miguel deixou exposto as distintas modalidades que desde o punto de vista do dereito e a legalidade internacional poden conducir á independencia dun territorio: por recoñecemento das Nacións Unidas como territorio non autonomo ou colonia (caso do Sáhara), por recoñecemento do dereito á autodeterminación por parte dun estado ós territorios do que se compón (extinta URSS), ou por acordo entre as partes (caso da antiga Checoslovaquia que se segregou en Chequia e Eslovaquia).
Tamén analizouse o caso de Kósovo, dado que a sua declaración unilateral de independencia está en controversia no Tribunal Internacional de Xustiza, debido a sua falta de encaixe no dereito internacional.
O acto contou con unha alta participación de alumnado como de profesorado e no que prantexáronse cuestións como a aplicabilidade do dereito de autodeterminación
a territorios como Cataluña, País Basco e Galicia. As posibilidades de que se resolva o conflito sahariano respetando a vontade dos saharianos mediante o referendum prometido pola ONU, o caso de Aminetou Haidar, as consecuencias para a legalidade internacional do recoñecemento internacional da declaración unilateral de Kósovo,etc.
Á súa exposición estivo apoiada por imaxes en video do conflito sahariano, desde a sua colonización por España, o momento da descolonización frustrada (paralización do referendum, Marcha Verde, a guerra, os plan de paz, e imaxes do caso Aminetou Haidar).
Video completo da charla con entrevista e imaxes dos conflitos de Sáhara e Kósovo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario